sábado, 6 de abril de 2013

Arte na rúa do Sol

Se tiña que falar de cultura galega e podía aludir a onde eu vivo, en Ferrol, tiña claro de que lugar podería falar. Un lugar mestura de maxín, intelixencia e arte, ou o que é o mesmo: CULTURA. Sí, estou a falar dese bar ao final da rúa do Sol onde se xutan xoves e mozos a facer música, ler, recitar ou simplemente a pasar unha boa tarde e noite discutindo sobre inquietudes ou simplemente en silencio, escoitando a Calamaro de fondo. Ese bar tamén coñecido como " EL CAFELITO".

Se teño que ser sinceira, dicir que á primeira vez que miña amiga Patricia me falou deste lugar non me chamou por completo a atención, pero puxen outra cara cando dixo "Andrea solo te digo una cosa: pintas a 2€" e me convenceu...O primeiro día sentíame como unha estrana, cheguei a un bar calquera cunha amiga pero tan pronto subin as dúas primeiras escaleras, descubrín que non era un bar común. A camareira e a dona do bar chamaban a todo o mundo polo nome e sabían perfectamente o que ían beber. O seguinte que recordo é Anita, a camareira, sorindo cara  Patri e min dicindo que esa mesma noite había un concurso de talentos e que viñeramos, que ía estar moi entretido. Patri e máis eu argallamos un plan para que os nosos pais lles soara convincente ese concurso de talentos e alá fomos. Tiñamos fame, e Patri dixo que colleramos un bocata no Froiz e o comeramos no Cafelito tomando unha pinta, que ninguén tiña problema en que a xente de fora levara comida, e así de paso, aforrabamos. Cando o sol comezou a esconderse, empezou a chegar xente e máis xente, pero para a miña sorpresa, coñecía a todos ou, polo menos, tiñan caras coñecidas.

O concurso de talentos comezou. Primeiro Guille e o seu amigo, que en realidade non coñecía, comezaron a tocar temas coñecidos por todos, un pouco para animar á xente. O silencio chegou canto comezou a soar "El sitio de mi recreo" de Antonio Vega. Unha vez tódalas actuacións, incluídos recitais da propia dona do bar, Gloria, chegou o gañador, pero para a miña sorpresa, os denominados "perdedores", non estaban enoxados nin moito menos, senón que bromeaban cos gañadores e lles dicían "Qué?ahora habrá que seguir tocando no? Nosotros a casa no nos vamos" e alí estivemos, hasta as seis da mañá escoitando música, falando e bailando todos, pasandoo ben, sentindo que era coma estar no salón da casa cun grupo de amigos.

Despois do día do concurso, continuei indo ao Cafelito, venres si e venres tamén, a xuntarme cos da clase e a beber cervexa mentres que temos de música de fondo a autores como Janis Joplin, Bob Marley ou Joaquín Sabina. Pero a miña sorpresa non chegou ata o día que escubrimos que unha profesora nosa, cuxo nome quero manter en anonimato, frecuentaba o Cafelito habitualmente. Imaxinade a cara que puxo cando lle dixemos: "Pero _____ non sabíamos que ibas al Cafelo!!!Nos lo contó Iván pero no le creíamos, te gusta verdad?" E para a nosa sorpresa, unha vez máis, ____ respondeu "Si, y me gusta mucho! es tranquilo para leer y relajarte" Pero a pobre debeu ter medo de atoparnos máis alí e, ou vai de incógnito, ou non volveu máis...

Se vos falo deste lugar non é porque me encante estar dentro, que sí, ou porque cada fin de semana que vou teño unha anécdota que contar, que tamén, senón porque é un claro exemplo de cultura. Ó mellor onn atopamos dentro grandes literarios, nin músicos recoñecidos, pero podemos atopar dende ao noso compañeiro Alvarito cheando o local porque vai dar un monólogo ata varias mesas xogando ao Trivial, entre as cales soe estar a nosa, xa que a Juan é a única maneira de mantelo contento. Entre outras cousas que podemos atopar dentro, é arte, arte na maneira de colocar a decoración, arte nos debuxos e fotografías que os propios clientes lle regalan a Gloria ou incluso arte no baño, no baño?Pois si, no baño de nenas, que  naturalmente é o que coñezo, hai post-it onde a xete plasma frases que lle gustan ou simplemente ideas. Tamén podemos atopar cultura cando entramos á dereita, onde hai un mural cheo de fotos que a xente se saca cun papel dicindo "E cafelito de Gloria en____" e o lugar onde están. Porque dubido moito que algún bar de Ferrol viaxase tanto como este.



Este conxunto de fotograías, como podedes imaxinar, non é meu, senón de ente que coma min, vai habitualmente ao Cafelito e disfruta coa música. Pero como non sei de quen son, non pedín permiso, así que se alguén pregunta, Andrea non subiu inguna foto do Cafelo ao seu blog ;)


Por último dicir que este é o mellor exemplo de cultura que atopei e que vivín en primeira persoa e de paso, aconsellovos que vaiades a pasar un bo rato, aínda que un venres non, por favor, que logo ocupades os sofás.


No hay comentarios:

Publicar un comentario