domingo, 21 de octubre de 2012

Cara o futuro

COMO É POSIBLE QUE NOS XOGUEMOS MOITO NESTAS ELECCIÓNS CANDO XA NON NOS QUEDA NADA?

Hai uns 50 minutos que pecharon as urnas electorais e estou como cando as abriron ou quizáis peor...agora mesmo teño unha estraña sensación; unha mistura entre anoxo e compaixón...Anoxo porque levo MESES escoitando aos mozos queixarse sobre os políticos e o que están a facer, pero á hora da verdade prefiren quedarse na cama despois de pasar un Sábado no cantón cos colegas que saír á rúa e meter o seu voto na urna. De verdade pareceme incríble ; escúdanse dicindo "para que imos votar se todo vai a continuar igual" , "eu non voto que son todos uns chourizos" ou "todo é a mesma merda pero con outro nome" e efectivamente, o son, pero polo menos intentade amosar un pouco de interese polo voso FUTURO señores...que tamén é o meu. Por amor de deus...deixade de dicir que non sodes de ningún partido e de que a vosoutros non vos interesa en absoluto a política cando despois sodes os primeiros en ridiculizalos. Non vos estou pedindo que votedes a un partido en concreto, nin sequera que teñades que ser os máximos expertos, so vos pido que sexades un pouco coherentes e que se pedides os vosos DEREITOS, que logo os usedes. Trátase de intentar cambiar un pouco as cousas e de amosar que non só os que se atopan entre os 30 e os 50 anos saben meter o papeliño na caixa.
Deixando a un lado o panorama que me atopei cando fun votar ao meu colexio correspondente, onde soamente atopei a unha persoa da miña idade; dicir tamén que non estou dacordo en absoluto co panorama político actual e que cada vez que miro,observo e incluso entérome do que hai no fondo, o que nos deixan ver, dos partidos políticos, danme ganas de quedarme na cama eu tamén e esperar a que acabe o día electoral. Pero teño unha pequena esperanza,todo hai que dicilo,non sei canto vai a durar, que me di que é posible un cambio e é posible un cambio se todos os cidadáns XUNTOS lles amosamos a quenes mandan que tamén podemos pensar nosoutros solos sen interventores que se adiquen a lavarnos o cerebro.

PENSADE SEÑORES, PENSADE E DECIDIDE.

Quizáis...

Que é Galicia?
Para min ser GALEGA significa poder saír da Terra dicindo que xa teño morriña. De poder poñer como excusa o xantar no pobo para evitar un compromiso que non queremos facer. Queixarse de que chova no verán pero estar desexando que acabe o outono e comeze o inverno con saraiba incluída. Trátase de non poder levar paraugas pola rúa porque ¡fai un vento de carallo!. Poder merendar castañas un Domingo pola tarde e cenar as filloas da avoa. Quen máis aparte dun galego é capaz de defender o idefendible con calquera??
Ser GALEGA é levar, cantando ou non, sal no acento a cada lugar onde vaiamos; de recoñecer un bo caldo e de ter saudade, as mellores praias e máis verde do que ninguén xamáis chegase a imaxinar.
Ser GALEGA é, en definitiva, ser un larpeiro,un lambón,riquiño e un choricas
Ser GALEGA é dicir en lugar de un "non te vaias..", "TI VERÁS!!"
SER GALEGO É PODER DISFRUTAR DE PAISAXES COMA ESTA