viernes, 5 de abril de 2013

De Mafalda a David Rubín

Abre o Chrome e pon en Google "cultura galega", desa maneira poderás atopar o significado literal da palabra, enlaces con persoas famosas que naceron en Galicia ou coñecer un pouco máis sobre a nosa terra. Pero non vos equivoquedes, se non pescudades máis, non atoparedes outra cousa que non sexa como preparar as filloas galegas, o típico caldo que comemos aquí xunto co boísimo marisco, que todo hai que dicilo, é verdade, ou aos intelectuais que soemos estudar no instituto pero que non prestamos atención. 

Foi entón cando fun entrando un por un nos xornais que temos no noso blog, "Montecurutos", nome que por certo deberíamos de cambialo por outro máis orixinal xa que pouco a pouco imos sendo uns verdadeiros bloggers...Cando buscas novas ou artigos sobre a cultura galega estás esperando a atopar o mesmo o que estamos acostumados a ver, é dicir, a autores de moito prestixio.
A miña sorpresa chegou cando seguín pescuando e atopei a autores galegos, os cales os seus nomes posiblemente non os escoitamos na nosa vida. Este grupo de artistas con aspiracións e moita ambición que loitan, xa sexa desde o ordenador e a través do blog ou nun libro de papel. 
Os autores dos que os falo son nomes como Alberto Lema, Antón Patiño ou  Xurxo Bozarrás. 

Pero sen dúbida o que máis me chamou a atención foi David Rubín. Antes de comezar a informarme sobre el estaba como vosoutros, non tiña nin idea de que ía a falar, e se os falo del non é porque teña un nome bonito, xa que como podedes ver é moi común, senón polo grade que realmente consegui ser. Este devoto dos superheroes    que epredeu a ler con tebeos, encadiloume cando vin o primeiro debuxo del, dun xeito tan persoal e desbordante de forza que semellaba saír o papel. Ademáis, non puiden evitar recordar a cando era unha enna e non paraba de pedir que me regalasen todo o que tivera que ver con Mafalda, xa que me encantaba esa rapaza e ler os seus comics. O mérito para min deste home non é soamente debuxar como eu nunca fun capaz ou ter un maxín desbordante, senón conseguir do seu soño, da sua afición, o seu traballo e poer vivir del. Aínda que como lín nagunha entrevista, el tiña que buscarse nun momento determinado a vida e tivera que saír de Galicia para intentar ser o mellor no seu. 
Un xove artista que defende facer o que te gusta por riba de todo e que aproveita calquera entrevista para chamar a atención sobre a falta de aopio que soen ter os autores de comics.



O que vos quería amosar con este traballo, non era se coñecía máis ou menos de cultura, senón mostrarvos o que eu considerei interesante e que, persoalmente, non era coñecedora. David é un dos exemplos do que poderíamos ser nos mesmos o día de mañá: xoves que queren poder vivir do que realmente lles gusta, xa sexa dentro ou fóra de Galicia. Non me importa que non saibades debuxar, ou que o mundo do comic non vos interese, falo dunha cultura distinta á que soemos escoitar, dunha cultura cunha fotografía, cun comentario nun blog ou cunha conversa cos nosos amigos. Ao fin, todos nosoutros formamos parte da cultura galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario