jueves, 23 de mayo de 2013

.



Mércores, 23 de Maio de 2013. Hoxe todo isto é noticia, mais mañá destas horas moitas destas olvidaranse e comezarán a ser historia. Historia e memoria de quen as lembre ou quen as protagonice.

Polo tanto mesmo o que eu almorcei hoxe, mañá o almacearé na miña memoria. Mal exemplo. Tedes toda a razón do mundo, dentro de dous anos e medio non lembrarei o que almorcei o Xoves 24 de Maio. Pero outras lembranzas quédanse na mente.. historias que xamáis olvidaras e que recordas minuto a minuto..

A mañá espertouse gris, gris e oscura a pesar de estar no verán. Era 20 de Xuño do ano 2010. A catro días de acabar o colexio xuntámonos a familia, nunha destas comidas familiares que tanto lle gustan aos avós. Recordo estar na aldea, en San Xurxo, xa vos falei antes dela e volverei a facelo, non hai lugar no mundo onde unha persoa poida sentir tanta paz como alí. Alí tes o campo, a praia e toda a natureza xunta, podes estar na punta dos ríos ulindo a salitre que ven con cada onda. 
Alí estaba eu, na punta dos ríos, que para os que non coñezades é unha acumulación de roquedo que penetra na auga, o nombre técnico non o recordo ben, tedes que perdoar. Alí estaba eu, nunha desas escapadas preexames que tanto me gusta, me gustan e me tranquiilizan. Estar nese lugar, sentada nunha roca e vendo, oindo e ulindo as ondas que baten fortemente contra as rocas é unha sensación indescriptible, para que os fagades unha idea, é coma atopar diñeiro para mercar un bo xeado fresquiño no verán ou coma comerte unha hamburguesa con todos os ingredintes que atopas na nevera.

O que consiste na miña escapada preexames é iso, estar queda, tranquila, sin pensar, coa mente totalmente en branco. Foi entón cando ocorreu, 20 de Xuño, Maio, 2010 e o día comezaba a clarear, é o que soe ocorrer en Ferrol, ti sabes como comeza o ceo pero non sabes como vai seguir o resto da tarde. 
Non me considero unha persoa supersticiosa, nin moito menos tola. Pero se estades nese sitio, sentides un profundo respeto por esas augas sempre inquedas, a iso sumádelle o coñecemento de que moitas más persoas das que pensas morreron accidentalmente ou aposta...
Parecía unha tarde normal, detrás as árbores, á esquerda o camiño que nos leva ata Doniños, á dereita a praia de San Xurxo e de frente a única visión do mar.
Sabedes esa sensación de estar tranquila e notar que alguén te está a mirar? Pois iso me ocorreo a min. O ceo seguía con moítisima claridade, pero o mar seguía igual, inquedo. Ulía a o mellor que pode detectar o teu olfato: salitre, ulía a salitre e campo. Margaridas!!!ulía tamén a margaridas, si si, recordoo ben, ulía a todo iso. Imaxinade o que é deslizar un pouco os ollos e ver unha curuxa. Xúrovolo! era unha curuxa, si, pensades o mesmo que eu: Que carallo fai unha curuxa aquí e a estas horas? Pero engadidelle a iso que a curuxa miraba, non miraba ao mar, non, estaba a mirarme a min. Durante case un minuto mantivemos unha conversación visual, e ninguén quería apartar a vista. Despegou, mais non se foi a ningunha parte, apoiouse alí, á miña dereita, estivo 2 minutos queda ao meu carón, tranquila, mantendo a calma mentres que o mar batía con todas as súas forzas contra as rocas. Era como a calma que predece ás tempestades. No momento en que me vin o suficientemente confiaza como para tocala, extendín a man e quixen achegarme a ela e voou, desapareceu. Me deixou completamente soa, na miña calma, no meu non pensamento e na miña visión favorita, a mar.

Hoxe todo isto é noticia, mais mañá destas horas moitas destas olvidaranse e comezarán a ser historia. Historia e memoria de quen as lembre ou quen as protagonice. Qué carallo facía esa fermosa curuxa no meu lugar? Observando coma eu, o mar?


No hay comentarios:

Publicar un comentario