sábado, 2 de marzo de 2013

*.*

Teño dezanove anos e todos eles vivindo aquí,en Galicia. Cando nos veráns ía coa familia de viaxe polo resto de España todo o mundo dicía o mesmo "aaai sois galleguiños!" e un estrano acento semellante ao arxentino cada vez que querían imitar o noso. Aparte dos intentos fallidos por imitarnos, había outras cousas que sempre dicían, como é o do marico delicioso que comemos, que deben pensar que o comemos durante todo o día, e tamén da chuvia, eso deque en Galicia non para de chover, por non dicir que fai un frío de carallo, aínda que eles dicían "uuui...yo ese frío nose eh?", agora que o recordo, o único que dicían das praias era que a auga está fría, moi fría, tanto que cando veñían de viaxe non eran capaces nin de meter un pe. Podía soportar o do pulpo, o do acento arxentino e o da chuvia pero o das praias non, non o podía soportar, era superior a min, xa que como boa neta de mariñeiro, paso máis tempo dentro da auga que fora dela.

Deixando a un lado o bonita que é Galicia, gustaríame dicirlles a todos eles que non é soamente o que se conta nos anuncios, onde saen as murallas de Lugo e Santiago, tamén dinos nos anuncios que vivamos como galegos e que bebamos moita Estrella Galicia, e no último mira ti por onde si que estou de acordo co da cervexa. Cando penso na miña terra, non me quedo soamente coas praias, que en realidade non sabemos valorar, nin coa comida, nin co puñetero acento, en realidade penso as veces que gustaríame ir a dar unha volta ao paseo marítimo da cidade que se atopa a cinco minutos da miña ou cando estou correndo pola Malata e cheira a morto. Penso as veces que tiven que apartarme do camiño que me leva a miña praia favorita porque uns cativos andan a facer o burro coas motos. Penso tamén o que me gustaría poder ir a unha cidade que non sexa galega e cando digo "son de ferrol" contéstenme un "aii del Ferrol del caudillo?!?". Penso na primeira vez que puiden votar para unhas eleccions autonómicas e que os meus paisanos sexan tan simpáticos de meter no goberno ao PP. Gaivotas, algo que non me gusta nada de Galicia, non podo soportar esa maneira tan agresiva coa que se achegan á mesa onde tes o pincho que che pon no bar e rouban todo, e as palomas, as palomas que parecen que en Ferrol hai unha fábrica e tódolos días que fai bo unha persoa as soltase polas prazas da cidade. Tampouco soporto a aqueles que van ao campo a pasar un día coa familia o cos amigos e que deixen todo estrado..¡coño que hai papeleiras!, aínda que teño que grazas a vosa contaminación eu puiden facer un traballo e fose a Sicilia co instituto jeje, pero non! eso está mal.
 Non soporto aos hippies modernos, que aínda que non sexan exclusivos da miña terra danme moitísima rabia, volvendo ao noso, e de dicirvos que tampouco estou de acordo coa maioría dos galegos que viven nas cidades, rexeitando aos pobos e intentando disfrazar o seu acento, coño!que ten de malo criarse ou vivir nun? eu levo así moitos anos e podo asegurar que é unha das mellores cousas de Galicia, os pobos, sempre e cando non teñas de veciñas a esas características vellas, esta vez si que a nivel mundial, que che paran pola
rúa cada vez que te ven intentando chamarte polo teu nome e dicindo primeiro o das túas seis tías.Pero que me dicides da alegría que temos cando vemos como un cabalo con dous señores e esterco no fondo se cola na cidade por uns minutos? A min si que me gusta velo. Outra cousa que non me gusta dos pobos é que non os cuiden, que as estradas estean cheas de buratos e que veña un constructor a arrasar todo o campo que atope e a construír aloxamentos para os surfeiros, que teñen como destino favorito as nosas praias, e non me estrana. O que os guiris non saben e que se dan unha volta por toda a praia non soamente atoparán olas, senón que verán as numerosas redes e lixo que as mareas traen cando o mar está revolto.

Gustame Galicia e a súa xente, aínda que haxa fabas negras en tódalas familias. Pois ben esta é a miña visión do "bonita que es Galicia", peroque pensades vosoutros? É tan bonita Galicia como a pintan? porque persoalmente aínda que a critique moitisímo e diga cousas malas dela pasame como coa miña nai, discuto e discuto pero eso non significa que non a quera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario