jueves, 31 de enero de 2013

HILDEGART



Se vos digo Hildegart seguramente nin pestañeades, pero.. e se ledes sexo? A historia cambia non? estou segura de que a maioría estades baixando volume á música para ler máis atentamente. Bueno....igual non tanto!
Pois ben, agora os vou a contar a historia dunha muller que foi educada pola súa nai, co obxectivo de levar a cabo o que a súa nai sempre quixo: resaltar o valor da muller, sometida aos homes e aos prexuízos da época.

Todo comezou aquí, en Ferrol,  Aurora Rodríguez Carballeira, a súa nai, que era socialista, decidiu ter unha filla pero non quería depender de ningún home e aínda menos que este lle pedise algunha explicación acerca do seu fillo. Foi entón cando Aurora decidiu falar cun cura, iso lle aseguraba o total anonimato do futuro pai.

Resumireivos o principal de esta muller, que morreu xoven debido a que foi asesinada pola súa propia nai, pero iso o imos a ver máis adiante. Pois ben, Hildegart foi educada nun colexio relixioso a pesar das ideas revolucionarias inculcadas pola nai, de esta maneira a raaza podería estudar bacharelato e continuar cos seus estudos. A infancia e adolescencia desta muller estivo marcada pola educación que recibía da nai, quen lle ensinaba o que consideraba necesario para que puidese ser unha muller libre e intelixente.

Cando era adolescente comezou a triunfar, dando conferencias por toda España  e comezou a interesarse non soamente polos coñecementos aprendidos no colexio, senón pola muller e en concreto, pola evolución da sexualidade. Falaba da necesidade de cambiar os métodos pedagóxicos respecto á sexualidade, xa que en vez de axudar a comprender o que é a vida sexual, a comprendían como tabú. Defendía relacións heterosexuales como homosexuales, tanto monógamas como polígamas. Imaxinádevos ao que se tivo que enfrontar na sociedade da época, a principios do século XX. A liberdade sexual para esta muller baseabase na liberdade da muller, de feito en algunha declaración dixo “Cada mujer debería conquistar
por sí y para sí los derechos que en cada caso mereciese. Y sólo debiera, también, ser plenamente acreedora de administrar sus bienes, a educar a sus hijos, a dirigir su hogar la que acreditase una personalidad independiente para no necesitar del consejo ajeno y no  fuera a incurrir en el defecto lamentable de ser simple juguete de un director espiritual -clérigo o laico, para el caso es lo mismo- en cuyas manos fuese una tutela en condiciones de inferioridad...»

Deixando a un lado o ámbito sexual de Hildegart, e polo tanto captada a vosa atención, vou ao que quería chegar. Esta muller foi asasinada pola súa propia nai, a mesma muller que "a creou" agora a había asasinado pero... por qué? Mentres que esta loitadora, esta MULLER estaba a durmir, a súa propia nai asasinouna con tres disparos na cabeza e un no corazón, poñendo así fin á actividade revolucionaria da súa filla. Aínda que eu non entendo o por qué deste asasinato e creo que tampouco o entenderei, a teoría dos celos é a única que se me pasa pola cabeza; aínda que a idea dun asasinato por este motivo e aínda por riba a túa filla, a que foi a túa compañeira ata a súa morte, non é algo fácil de entender.
É posible matar a unha persoa simplemente por ver que ela chegou ao que ti non es capaz?De ver vomo unha persoa con moitos anos menos ca ti, lévache moito recorrido tanto intelectual coma socialmente? Como se sente aquela persoa que educou a outra, a esta muller co fin de que nun futura seguira os seus pasos, só que agora non é que seguise os seus pasos, é que comezara unha carrera de obstáculos e ía primeira no podio, mentres que a súa nai non estaba nin clasificada. Estades a seguir o que quero dicir? Este homicidio cometeuse por parte dunha muller que pretendía a creación dunha "nova especie", dunha nova muller. Pero para min Aurora Rodríguez non é nin moitísimo menos nin un mito do feminismo nin da liberdade, senón todo o contrario; paréceme unha simple asasina, que decidiu acabar coa vida da súa propia filla ao observar o éxito da propia e non consentir que agora ela, a quen había educado para ser libre non o fose, senón que pretendía que siguera os seus pasos coma se de montar un moble se tratase, seguindo paso por paso.

Esta é a historia dunha MULLER, dunha muller e da súa nai; nai que alardeando de defender a liberdade e o dereito da muller, acaba coa vida da máxima defensora de elas. Cómo podes privar a alguén do que ti mesma defendes? En definitiva Hildegart foi unha muller libre, libre en todos os ámbitos da súa vida. A obsesión enfermiza pola súa nai de "non necesitar aos homes para nada" acabou co asasinato da súa propia filla.

Pois ben, despois de contarvos esta historia espero sinceramente que comecedes a replantearvos o papel da muller, que é igual de importante que o do home. E de paso, que cando escoitedes que unha muller publicou unha trioloxía erótica que deu a volta ao mundo, pensedes que unha muller como Hildegart, concebida na vosa propia cidade, cría na liberdade sexual dos homes e mulleres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario