sábado, 2 de marzo de 2013

._.

Hoxe, 2 de Marzo de 2013 hai doce dez anos que ocorreu a catástrofe de Prestige. Será a partir deste momento cando galegos e galegas levarán nos seus vehículos e nas súas fiestras bandeiras co xa coñecido "nunca máis". Este suceso é un dos exemplos que podemos atopar para o que todo o mundo coñece como "Galicia bonita" unha Galicia que quedou manchada de negro tanto nas súas costas, como nos propios seres vivos.

O Prestige foi un buque petrolero que se afundiu nas costas galegas no 2001, provocando así unha das maiores catástrofes para a ecoloxía do país. O capitán do petrolero e o dono da empresa do mesmo non dubidaron en que as nosas costas correran perigo xa que, según recentes investigacións, o Prestige tiña un 25% de corrosión, asique deberían haber reparado antes. Ademais, cando viron a que se lle podía vir enriba, o armador do barco e os superiores decidiron que o mellor era evitar contar algún que otro dato para así evitar prpoblemas, facendo así un "pacto" entro o capitán e o inspector. Pero eso non evitou que toda España, e sobretodo Galicia, xa que as nosas costas quedaron irremediablemente dañadas. Quen non recorda os pes cheos de chapapote ao saír da praia e como os nosos pais enfadábanse, tanto polos pes sucios como polo desastre.

O que podo recordar deste desastre foron as manifestacións, as bandeiras e ao meu avó que, mariñeiro dende que foi mozo, non entendía como podían quedar impunes esos "asesiños kuki, son uns asesiños, porque que votaran esa merda ao mar e coma se a votaran a mi enriba". Eu non entendía porqué o avó xa non ía tódolos días cedo, moi cedo a traballar, e porque non paraba de recoller firmas e organizar cos seus amigos manifestacións queixandose "da merda que votaron no noso mar". Deixou de levantarse ás cinco da mañá e abrigarse ben para non pasar frío no seu barco a pintarse as mans de negro e recorrer as rúas, ese negro que recordo no primeiro verán de Prestige. Como con sete anos entende unha nena que a area coa que antes xogabas e facías castelos agora era negra? manchada porque algún fillo da súa nai non fixo as cousas correctamente, porque alguén non coidou a nosa costa?



Pois ben, agora, máis dunha década despois todavía aparecen restos dese petróleo, desa "merda negra" que votaron ao noso mar, e que ninguén, excepto os propios galegos e voluntarios axudou a limpar.

http://elpais.com/tag/catastrofe_prestige/a/


No hay comentarios:

Publicar un comentario