sábado, 12 de enero de 2013

Armas por xoguetes


Teño medo. Levamos dúas noites encerrados na casa. A min todavía non me deixaron loitar, papá din que son demasiado nova e que teño que coidar dos meus irmáns pequenos e de mamá. 
En realidade eu recordo esta situación dende sempre, papá traballaba pescando cos tíos e mamá adicábase a coidar dos seus cinco fillos e da pequena leira que temos preto da casa, aín que os meus irmáns maiores axudaban en traballos para os veciños e así, gañaban algúns cartos. Ás veces, cando chegaba a casa despois de estar xogando cos demais nenos, veía como mamá choraba e abrazaba a papá, dicíndolle que se non reuníamos os cartos, o señor castigaríanos. Ao principio non o entendía ben, pero unha mañá esperteime escoitando moitos gritos fóra, e todos fomos rápidamente a ver que pasaba; María e Xandre, os nosos veciños estaban chorando e pedíndolles a uns homes que estaban con armadura e armas que por favor, os perdonasen. De súpeto, Xandre desfíxose do home que o estaba agarrándo e comezou a pelearse con eles, o último que recordo é a muller chorando aínda máis forte porque o seu marido non se movía do chan. Ao parecer a parella non había reunido os cartos para o señor,como os meus pais o chamaban, e os ían botar da casa e algo máis que non quixeron dicirme.

Papá e o resto dos veciños reuníronse na nosa casa, según o que puiden escoitar, estaban intentando xuntar a moitas persoas, persoas como nos para facerlle frente ao señor e ao párroco, querían matalos? A verdade é que a min esa idea non me pareceu tan mal; o párroco da nosa igrexa era un home malo, e sei o que digo! Era malo porque sempre nos pegaba nas mans cando nos esquecíamos da oración e se algún neno lle contestaba, mandabao estar todo o tempo fora, sentado no chan, e iso en inverno acababa con tódolos nenos enfermos. Recordo un día no que a miña amiga Carmen foi expulsada da igrexa e obrigada a estar fóra durante horas, ao frío e sen abrigo; cando volveu a entrar estaba blanca coma a neve e non paraba de tusir. Dous días máis tarde miña nai díxome que tiñamos que vestirnos coa ropa das festas pero avisoume de que non era unha celebración, Carme estivera tan enferma que non puido máis "Carme está ben cariño, agora non vai tusir máis e está contenta sempre". As reunións non eran sempre no mesmo sitio, os veciños ían turnando as súas casas e alí reuníamonos todos.

O ceo estaba claro, facía moito calor e tódolos nenos estabamos xogando xuntos, creo que estabamos na primaveira. De súpeto veu un home, facíase chamar Roi, preguntou a mamá onde estaba o meu pai e ela foi correndo a buscalo. Non sei de que estiveron a falar pero cando o home marchou, papá tiña un estrano brilo nos ollos. Esa mesma noite enterámonos de que un dos nosos veciños e a súa filla pequena, morreran pola peste, deixando ao pequeno José e a súa nai sos. Papá seguía enoxado, dicía que se o señor de Andrade seguía sen facer caso das nosas opinións, acabaríamos todos mortos.

"Esperta!!!esperta cariño! temos que marchar!" mamá estaba moi asustada, os meus dos irmáns maiores e papá non paraban de correr dun lado da casa para o outro, collendo coitelos e as armas que o avó e papá tiñan de cando foran militares. Estabamos solos, mamá, eu e os meus irmáns pequenos; o resto habían marchado a loitar, non ían soamente eles, todos os veciños estaban alí e ao parecer viñera máis xente doutros pobos. Por fin o entendín, ían a buscar a ese hombe, ao señor, ao cura e aos seus amigos, eses que nunca nos facían caso, e que cando lles pedíamos comida escupíannos e dicían que era o que nos tocaba, porque eramos pobres e a nosa vida estaba destinada á merda, á merda como o éramos nos, merda.

O primeiro día foi o peor, soamente uns dos meus irmáns maiores veu a visitarnos e a por comida, ao parecer viñera en busca de alimentos e bebidas para os homes e algunha muller que foran a loitar xunto con aquel Roi que viñera unha vez á miña casa, Roi Xordo creo que era. Estábamos moi asustados, non sabíamos o que podería pasar e miña nai mandounos non facernruído e estar calados por si algún home malo viña. Cando veu Xian, o meu irmán, contoulle a mamá que o señor de Andrade estaba escoltado por cabalería e incluso algún membro da igrexa, pero que non se preocupara, que nos tiñamos máis polo que loitar e que non íamos a deixarnos pisar máis veces.

Levamos dos noites encerrados na casa e o día comeza a facerse oco entre as escasas nubes que hai. Mamá parece cada vez máis asustada, ela o único que quere e que papá e os meus irmáns veñan e podamos estar todos xuntos; pero aínda que eu non lo digo, en realidade teño a sensación de que pasa algo malo. A porta se está abrindo, mamá lévamos a unha esquina da cociña e agarra forte un coitelo, está diante de nosoutros, protexendonos pero o tira no chan cando ve quen entra pola porta. Son os meus irmáns!!Son eles! Pero non están contentos, estan por fin na casa pero non están contentos. Mamá comeza a chorar e abalánzase hacia a porta, fora esta chegando a xente con moitas ferias, vexo moita sangre e todo o mundo chora. Os meu irmán Luís métenos na casa pero consigo escapar; papá está fora, esta no chan e non me contesta. Por qué non me contestas papá?Fai tres días que non te vexo! Papá? 

Papá está morto, un dos homes coma os que viñeran a por María e Xandre estaba a piques de clavarlle un coitelo a Xian, pero papá parouno e salvou ao meu irmán , o que él non sabía era que detrás estaba outro home malo e que ía matalo. 

Non entendo por qué todos foron a loitar contra os homes malos se sabían que tanta xente ía morrer, non entendo porque a miña amiga Carmen morreu e porque o párroco nos trataba tan mal, tampouco entendo por qué non tiñamos case para comer e porque nos invernos facía tanto frío na casa, eu non entendo nada... Pero como o vou entender? Eu soamente son unha nena que ten seis anos, unha nena á que lle tocou vivir a morte dos seus avós, da súa amiga, do seu veciño e sobretodo, do seu pai.

Teño medo. Levo dúas noites cos ollos abertos, escoitando como mamá chora e como os meus irmáns contanlle contos aos dous pequenos; pero eo soamente estou esperando a que papá volva a entrar pola porta e me diga que son a súa princesa. Ao final...soamente teño seis anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario