sábado, 1 de diciembre de 2012

Soñando co pasado.

Teño que contarche algo, algo que me pasou esta mañá, nun sono, aínda que en realidade non sei se foi verdaderamente un sono ou se pasou en realidade. Era tan real...

Soenme gustar as clases de historia, aínda que hai certos temas que me parecen máis entretidos que outros. Como é principio de curso, a nosa profesora está a explicar a prehistoria e hoxe tocaba a cultura megalítica; é dicir, os castros, petroglifos...ousexa que a profesora pasaríase cincuenta minutos falando de pedras e brutos que non sabían nin falar. Tendo en conta que era primeria hora da mañá e que eu son de durmir moito, cheguei ás oito e media a clase cos párpados coma se fose unhá koré, con sonriso xónico incluído. 
Cando comezou a clase e a mestra proxectou diapositivas sobre os tipos de pedras que había nesa época, os meus ollos foronse cerrando pouco a pouco, de maneira que intentei cubrir a cara coa bufanda para que non se notase moito.
Derrepente estaba espertando, pero xa non estaba na clase, senón que estaba encima dunhas peles que parecían como de vaca ou ovella, dentro dun sitio escuro e pequeno. Cerrei os ollos e os volvín a abrir e o sol comezaba a facerse oco entre as nubes. Non entendía onde estaba nin por qué pero sentía unha estrana curiosidade de saber onde me atopaba, e porque en lugar dos meus vaqueros, a camisa e a bufanda tiña posto unha túnica con pezas douradas por riba, parecida á que compraches o outro día recordas?só que máis larga. Aparte da túnica, levaba o pelo solto, estranamente peinado e cuns abalorios dourados que se trenzaban co meu cabelo. 
Cando saín dese espazo cheo de adornos de cores e pedras talladas, vin a claridade do ceo, estaba máis azul que nunca e podía respirar un aire tan puro que ata costabame collelo. Mirei ao meu redor e non vía a ninguén, penso que estaban todos a durmir daquela e que eu era a máis madrugadora; derrepente saíron dous ou tres nenos correndo de esas estructuras de pedra e unha rapaza doutra que estaba moi preto da miña. Fun achegandome pouco a pouco as outras cabañas, xa que pareciame estrana esa soidade.
Pasei de estar soa a rodeada de xente nun abrir e pechar de ollos, pero entre todas esas persoas chamáronme a atención dúas señoras maiores, duns sesenta anos; estaban a telar cunhas especies de agullas de madeira afiada a tela que tiñan no chan, para min que era lá pero non me fagas moito caso. Ao seu carón estaba unha rapaciña máis nova, duns 15 anos que estaba mirando como o facían e ao mesmo tempo intentando imitalas, aínda que non se daba a mesma maña que elas. Ademais desas tres mulleres, estaban no mesmo espazo tres nenos pequenos, que xogaban uns con outros cunha pedra, collían a pedra e a tiraban ao chan, cada vez a máis altura e cando a pedra caía, tiñan que ir a pata coxa a collela. Nese momento recordei cando eramos nenas e xogábamos na rúa a poñer os números e ir saltando a coller as pedriñas, a que apoiase a perna no chan estaba eliminada. Recordas?
Os tres neniños deixaron de xogar no momento en que viñeron dous homes, un duns corenta e cinco anos e o outro era un rapaz novo, debía de ter 20 anos. Os dous homes tiñan unha falda de cor branca e unha especie de camisa con adornos parecidos aos meus, ainda que en menor cantidade; ademáis levaban o pelo largo, recollido cunhas diademas feitas de moitos colores, como as que atopamos cando imos ás feiras. O home maior traía nas mans peixes, que parecía que aínda se movían e o máis xoven viña cargado cun animal morto, que asemellaba moito o xabaril, probablemente o hombe máis novo era o que cargaba o peso porque o outro non tiña a mesma forza.
Á chegada dos homes sumouse a de catro máis, que estaban xuntando as ovellas e vacas que estaban ao redor; ademais, un grupo de sete mulleres, esta vez máis novas, tráian nunhas cuncas de cerámica frutos que foran recolectando durante toda a mañá.  As mulleres comezaron a quentar as carnes e algún dos froitos noutras cuncas de cerámica, que as poñían enrriba dunhas pedras que sostiña o lume.
Cando rematamos de xantar, con cubertos de madeira e pratos de cerámica, todos nos diriximos á praia, xa que a nosa aldea, formada por numerosas casas estaba preto dun acantilado, este acantilado daba ao mar; era unha paisaxe preciosa, digna de película.
Un rato despois de estar na praia, dúas das mulleres que estaban no grupo afastáronse e eu, que son moi curiosa, fun detrás delas. Cando observei que estaban preto dunhas pedras xigantescas, moi planas e que formaban un circulo case perfecto, non entendín que significaba eso, aínda que nese momento recordei o que había dito a profesora "os habitantes destes poblados construíron isto, que son megalitos" non che sei dicir se eran megalitos ou dolmens, xa que non estiven moi atenta ao que dicía, pero o que si recordo foi a sensación tan máxica que tiven cando o sol comezou a caer e nas pedras aparecían debuxos... parecía que estaban a falar!
De súpeto comezou a facerse noite asique volvimos rápidamente a aldea. Ao chegar estivemos un pouco arredor do fogo, cantando e xogando cos máis novos; cando mirei ao ceo, asombreime, era capaz de diferenciar a osa maior e incluso as tres marías, sen dúbida, aquel foi o mellor momento de todo o día, pasei un bo rato mirando a galaxia, que brilaba máis que nunca, coma se o estivesen proxectando dende o meu carón cunha calidade excelente. Cando tiña tanto sono que os párpados estabanseme a pechar, entrei na mesma cabaña da que había saido pola mañá, tiña frío asique tapeime cunhas peles que estaban apoiadas enriba dunhas pedras que tiñan forma cuadrangular, cerrei os ollos e fun durmindo pouco a pouco mentres que escoitaba como o mar chocaba contra as pedras, algo que me relaxa dende nena.

De súpeto volvín a abrir os ollos, so que agora non tiña de fondo o ruído do mar senón a voz de pito da miña profesora de historia e en vez de estrelas o que tiña diante dos meus ollos era ao meu compañeiro xogando cuns lápis coma se fose tonto. Non sei como puiden soñar todo iso en dez minutos, pero o que si sei é que pasaríame todo o día soñando con vivir en sitios como ese.

No hay comentarios:

Publicar un comentario